22 abr 2010

VISITA DE GONZALO MOURE

22 abr 2010

O día 16 de Abril, Gonzalo Moure, veu darnos unha charla sobre o seu libro, Maito Panduro. Entre preguntas e respostas sobre o libro, falamos doutras cousas, como a súa forma de escribir. El non escribe coa imaxinación, pensando nunha historia que lle aparecerá na cabeza, senón que escribe historias que lle ocurriron a el.
Maíto Panduro, por exemplo, foi un neno que Gonzalo Moure se atopou nunha conferencia como a que nos deu a nos. Sandra contoulle a historia de Maíto, e así é como xurdíu “Maíto Panduro”… exceptuando o final, que por desgracia, tivo que inventalo.
Mesmamente nos falou do importante que é vivir a vida no mesmo instante, no momento (“Carpe Diem”: Vive o momento). Para eso contounos a historia dun can que tiña, que estaba moi enfermo: xordo, cego… Sabían que ía morrer. Un día, Gonzalo e o can, estaban nunha finca… nun día de sol. Nese momento, o can púxose a tomar o sol… tumbouse, estirouse… disfrutando desde momento... aínda que estaba a punto de morrer, disfrutaba daquel momento, vivindo a vida nese instante…

Gonzalo

0 comentarios:

 
desde 6ºA ◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates