31 mar 2010

POEMA: A ESCOLA

31 mar 2010
Un lugar onde estudar,
aprender e aprobar.
O seu nome é escola,
e necesítase material.
Imos mirar
se temos todo, xa.

Busco no estuche,
teño un lapis
co que podo debuxar,
cousas que poder pintar.
Busco no estuche,
teño unha goma
ca que borrar,
cousas que poña mal.
Busco no estuche
teño un boli
co que escribir,
contos para ti.
Busco no estuche,
teño celo
co que arranxar,
follas para quebrar.
Busco no estuche,
teño acuarelas.
Entre elas,
está a amarela.
Busco no estuche,
teño moitas cores
para colorear,
cando remate de traballar.

Xa estou preparado,
para ir a escola,
onde nos poñan traballos,
raramente innecesarios.

Yeray

0 comentarios:

 
desde 6ºA ◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates