19 jun 2010
"O TRINO DO PICACARDOS"
6 jun 2010
"VERSIONEANDO" UN POEMA DE UXÍO NOVONEYRA
21 may 2010
"POEMAS CALIGRÁFICOS"
Jere
6 may 2010
"O MELLOR LIBRO..."
Respondendo ao suxerente interrogatorio do alumnado de 6º, poidémonos enterar do seguinte:
"O mellor libro é o que estás a escribir... Unha vez chega á editorial, comeza unha vida propia..."
22 abr 2010
VISITA DE GONZALO MOURE
O día 16 de Abril, Gonzalo Moure, veu darnos unha charla sobre o seu libro, Maito Panduro. Entre preguntas e respostas sobre o libro, falamos doutras cousas, como a súa forma de escribir. El non escribe coa imaxinación, pensando nunha historia que lle aparecerá na cabeza, senón que escribe historias que lle ocurriron a el.
Maíto Panduro, por exemplo, foi un neno que Gonzalo Moure se atopou nunha conferencia como a que nos deu a nos. Sandra contoulle a historia de Maíto, e así é como xurdíu “Maíto Panduro”… exceptuando o final, que por desgracia, tivo que inventalo.
Mesmamente nos falou do importante que é vivir a vida no mesmo instante, no momento (“Carpe Diem”: Vive o momento). Para eso contounos a historia dun can que tiña, que estaba moi enfermo: xordo, cego… Sabían que ía morrer. Un día, Gonzalo e o can, estaban nunha finca… nun día de sol. Nese momento, o can púxose a tomar o sol… tumbouse, estirouse… disfrutando desde momento... aínda que estaba a punto de morrer, disfrutaba daquel momento, vivindo a vida nese instante…
Gonzalo
19 abr 2010
¡PARÍS, PARÍS!
Ahora, podéis consultar el trayecto Santiago-París:
31 mar 2010
POEMA: A ESCOLA
Un lugar onde estudar,aprender e aprobar.
O seu nome é escola,
e necesítase material.
Imos mirar
se temos todo, xa.
Busco no estuche,
teño un lapis
co que podo debuxar,
cousas que poder pintar.
Busco no estuche,
teño unha goma
ca que borrar,
cousas que poña mal.
Busco no estuche
teño un boli
co que escribir,
contos para ti.
Busco no estuche,
teño celo
co que arranxar,
follas para quebrar.
Busco no estuche,
teño acuarelas.
Entre elas,
está a amarela.
Busco no estuche,
teño moitas cores
para colorear,
cando remate de traballar.
Xa estou preparado,
para ir a escola,
onde nos poñan traballos,
raramente innecesarios.
6 feb 2010
XOGANDO COAS DEFINICIÓNS
Un día normal, dous datas antes do meu cumple, estaba moi nerviosa: ónde o celebraría, qué regalos recibiría, a quén invitaría... Ao final, escollín a quen invitar: a Sara, a Xulia, a Gonzalo, a Matías...
Cando chegou o esperado día do meu cumple, estaba... mmm...! CONTENTA, NERVIOSA, INQUIEDA!
Trouxéronme moitos regalos: roupa, pulseiras… ¡Bueno... de todo !
Pero o que máis me sorprendeu, foi o regalo de Matías. Era un intrumento chamado maraflaut. Un instrumento bastante raro, unha flauta, pero en vez de tocar co seu son, tocaba como unha maraca. Era tan interesante, que foi o que máis me gustou.
Carla
Nunha ocasión, un científico quixo participar nun concurso. Para participar fabricou un xoguete chamado uniornito, xoguete metade ornitorrinco e metade unicornio porque, a súa vez, nadaba e voaba. Estaba fabricado en plástico forrado con pelo de distintas cores (laranxa, verde e brando).
O científico ganou o concurso. O seu xoguete tivo moito éxito. Aparecía en todas as tendas de xoguetes. @s nen@s o querían e foi o xoguete máis vendido do ano.
Lucía

